CRTVG

Buscar

Ourense demostra que o cooperativismo axuda ao emprendemento

Publicado o 20/09/2019 21:24

Hai proxectos económicos demasiado custosos ou ambiciosos como para facelos en solitario. Así que, constituir unha cooperativa pode ser unha boa fórmula para levalos a cabo. Unha vía moi socorrida por exemplo na produción de alimentos ou de cosmética natural.

Tamén no sector educativo ou asistencial funciona como vía de autoemprego. Compartir gastos, repartir o traballo e participar nos beneficios. Niso consiste a esencia das cooperativas.

No evento, os cooperativistas compartiron experiencias empresariais e tiveron ocasión de conectar co seu público directo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/09/2019