CRTVG

Buscar

Ourense acolle unha mostra sobre ao día a día dos soldados en Afganistán

Publicado o 08/10/2019 18:31

Aparellos de visión nocturna, traxes de desactivación de explosivos ou de camuflaxe, minas e mesmo un burka forman parte desta exposión. Material que se pode ver e mesmo probar para meterse na pel dos soldados destinados en Afganistán, máis de 20.000 dende que comezou a misión en 2002.

Unha das principais ameazas ás que teñen que facer fronte no seu día a día sobre o terreo son estes explosivos caseiros elaborados polos insurxentes.

Un cento de soldados perderon a vida en Afganistán. Neste intre aínda hai desprazada na zona unha unidade de operacións especiais encargada de instruir ao exército afgano en materia de seguridade e desactivación de explosivos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/10/2019