CRTVG

Buscar

Ourense, a segunda provincia de España con menor incidencia da covid−19

Publicado o 29/11/2020 19:59

Chegou a superar os 1.600 casos activos a mediados de outubro, no pico desta segunda vaga da pandemia. Pero dende hai semanas o número de contaxios non deixa de baixar en Ourense, onde comezaron antes as restricións máis estritas. Neste momento, a provincia xa está por baixo dos 500 casos activos, 473 concretamente. O descenso sitúaa, segundo os últimos datos do Instituto Carlos III, como a segunda provincia con menor incidencia acumulada da covid−19 en España na úlitma semana, só por detrás das Palmas. En concellos coma este de Cartelle non se rexistrou ningún positivo nos últimos 14 días.

As medidas non se deben descoidar, a pesar dos bos datos, para seguir libres da covid−19.

O Mesmo que Cartelle, máis do 40 por cento dos concellos da provincia de Ourense non rexistraron contaxios novos nas dúas últimas semanas.

Noticias web

29/11/2020