Ourense é a cidade con máis incidencia, despois de Santiago
Publicado o 18/01/2021 15:21
Despois de Santiago, Ourense é a cidade con peor evolución. A incidencia acumulada supera os 500 casos e as previsións para os vindeiros días non son boas.
Ourense suma e segue. Con 574 casos activos a cidade vive a peor situación desde q comezou a pandemia.
No hospital de Ourense xa hai 98 camas ocupadas por covid e 6 pacientes na UCI. Moitos son casos derivados das celebracións de Nadal.
En decembro a cidade lograra controlar o virus despois de dous meses de peche. Pero a situación volve ser moi preocupante, para frustración dos veciños que cumpren as normas.
Prevese que nos próximos días se sigan batendo marcas na cidade. O nivel de restricións xa é o máximo, así que agora o que queda e reducir ao máximo as relacións sociais.