CRTVG

Buscar

Os xornalistas, molestos con Moncloa, reclaman poder preguntar por videoconferencia

Publicado o 01/04/2020 08:36

O coronavirus mudou tamén as comparecencias institucionais e as roldas de prensa, que se celebran sen xornalistas.

As asociacións de informadores rexeitan o sistema elixido en España e comezaron a recoller sinaturas para pedirlle ao Goberno que rectifique. Reclamanlle que permita preguntas directas por videoconferencia como fan noutros países europeos. Aquí, as preguntas envianse a un chat e o Secretario de Comunicación encargase de facelas, despois dun filtrado e sen opción a repreguntar.

Noticias web

01/04/2020