CRTVG

Buscar

Os xogadores galegos opinan sobre o futuro do fútbol non profesional

Publicado o 09/08/2020 19:30

"Eu creo que se poden abrir discotecas, prazas de touros e moitas actividades que, se cadra, os protocolos son máis difíciles de cumprir, eu creo que o deporte non profesional podería cumprir esas medidas", explicou o compostelanista Samu.

"Canto antes comece, mellor, porque podemos deixar data libres para posibles adiamentos de partidos e ter un calendario con máis marxe que se comeza a liga en xaneiro vai ser moito máis difícil cadrar as datas", dixo Diego Rivas, do Rácing de Ferrol.

"Podo entender que haxa que ter precaución e calma no que á temporada se refire, pero cal é a garantía de que en xaneiro se vai poder xogar sen problema?", reflexionou Edu Sousa.

"Tamén está bastante feo que sempre sexamos as mesmas as que se nos considera que as nosas ligas non son profesionais, cando se ve claramente que nos dedicamos a isto día a día, somos profesionais e os nosos clubs trátannos como profesionais", explicou Andrea Carid.

"Todos os sectores, ou case todos, están volvendo a unha nova normalidade, con protocolos máis ou menos medidos e nós, a segunda B, a terceira, o fútbol feminino e demais non podemos ser menos. Vivimos disto, temos que traballar e levar o pan á casa", dixo Brais Pereiro.

 

Noticias web

09/08/2020