CRTVG

Buscar

Os xogadores do Marino non están infectados por coronavirus

Publicado o 02/08/2020 14:36

Hoxe recibiron a alta sete membros máis da expedición do Fuenlabrada. Aínda quedan seis confinados no hotel da Coruña. E onte a Federación Española de fútbol suspendeu os partidos da fase adicional de ascenso a segunda B pola aparición de tres casos no Marino canario. Hoxe coñeceuse que as novas probas practicadas aos xogadores deron un resultado negativo.

Tras esta nova a Federación debe decidir se se retoma a disputa da fase con novas datas, algo que parece moi complicado. Os partidos previstos ían enfrontar o Lealtad co Alcoiano e o Marino co Linares. Os gañadores dos encontros converteríanse en novos equipos da segunda división B.

 

Noticias web

02/08/2020