CRTVG

Buscar

Os ximasios adaptan as instalacións para a abrir con seguridade na fase 3

Publicado o 04/06/2020 21:03

A pista central do Multiusos Fontes do Sar, convertida nunha gran sala de cardio e musculación, ilustra os cambios que están a levar a cabo os ximnasios que coa entrada na fase 3, previsiblemente o luns volverán á actividade.

Os 11.000 usuarios deste complexo deportivo atoparán unhas instalacións que están a ser completamente reorganizadas para garantir as recomendacións sanitarias.

A separación das máquinas permite aquí manter a distancia de 2 metros entre usuarios.
Unha distancia que se garantirá tamén nas actividades dirixidas. Distancia e desinfección constante coa instalación de puntos de limpeza para os usuarios e sistema de desinfección para as maquinas.

"Para as máquinas temos un sistema de semáforo. Se está verde, pódese usar e se está vermello, é que necesita desinfección. Fomos máis alá do que nos recomendaban as autoridades sanitarias maquinaria", explica o responsable do Multiusos Fontes do Sar.

A isto hai que sumar a limitación da ocupación nos vestiarios, onde se dispensarán bolsas hixiénicas para introducir os obxectos persoais.

A clave, dinnos no ximnasio Termópilas de Sigueiro en que levan traballando desde este luns con cita previa, é ofrecerlles aos usuarios a garantía de que volver ao ximnasio con supón riscos.

"Hai que lidar co medo que teñen as persoas, moita limpeza, lavar as mans e as máquinas despois de cada exercicio iso é xa un ritual", di o responsable, José Ramón Domínguez.

A fase 3 da desescalada permitiralles aos amantes do deportes deixar atrás os adestramentos caseiros ou a través de aplicacións móbiles que foron o único xeito de manterse en forma durante o confinamento.

 

Noticias web

04/06/2020