CRTVG

Buscar

Os xefes da falsa ONG contra o cancro infantil cobraban 20.000 euros

Publicado o 03/06/2019 22:09

Deteñen cinco persoas en Zaragoza acusadas de estafar cinco millóns de euros a través dunha asociación falsa contra o cancro infantil. Os detidos apropiábanse dos cartos das doazóns e dos que obtiñan na venda de produtos solidarios a través de Internet. Catro dos detidos xa ingresaron na cadea.

É a páxina de Linceci que este luns segue activa e aínda recibe doazóns, a pesar de que a súa sede en Zaragoza está pechada. A sociedade estaba rexistrada como unha ONG sen ánimo de lucro. De feito, as comerciais que realizaban as chamadas e vendían os produtos acudiron ao seu posto de traballo e solicitaron a presenza policial para dar fe. Unha desas traballadoras é Pilar Tejero.

"Esixíannos como mínimos, máis dificil de que chegasen, pero pon unha media de catro ou cinco mil euros mensuais".

Elas tamén se senten enganadas e non descartan presentar unha denuncia. Os investigadores cren que a parella que lideraba esta organización conseguiu recadar como doazóns para nenos con cancro cinco millóns e medio de euros en cinco anos.

"Incautáronse dun chalé e dous pisos, un en Zaragoza e outro nunha localidade do Mediterráneo".

Dos cinco detidos dous están en prisión. Un deles é o responsable da rede. A súa muller e outros dous arrestados quedaron en liberdade con cargos.

Noticias web

03/06/2019