CRTVG

Buscar

A médica de familia de Avión arrasa nas redes aprendendo a poñer a máscara

Publicado o 19/05/2020 11:21

En poucos días será obrigatorio o uso da máscara en espazos pechados, e tamén, nalgúns casos, ao aire libre. Parece que poñer a máscara non nos está custando, pero o problema é que a usamos mal.

Os vídeos didácticos de Laura Lozano, médica de familia do centro de saúde de Avión, fixéronse virais nos últimos días. O éxito dos seus vídeos débense en parte ao seu ton humorístico. Segundo a doutora, "un dos erros máis frecuentes que cometemos é non lavar as mans antes de poñer a máscara". E engade: "Debemos lembrar que se é unha máscara cirúrxica a parte de máis cor debe ir cara a fóra. Debemos axustala pola parte do nariz mentres colocamos as tiras nas orellas. Ademais, a máscara debe chegar a cubrir o queixo. Unha vez que a poñemos non a debemos volver tocar".

Á hora de sacala, a doutora apunta que "outro dos erros frecuentes é tocala por diante. Temos que collela desde as tiras das orellas". Lozalo tamén apunta que non se debe deixar no peto ou nalgún sitio en que se poida contaminar. Cómpre lembrar que hai algunhas máscaras que non se poden reutilizar, pero hai outras que si. É importante saber que tipo de máscara levamos".

Noticias web

19/05/2020