Os viaxeiros que cheguen ao Reino Unido deberán presentar un test negativo de covid-19
Publicado o 18/01/2021 16:50
Primeiro día da entrada en vigor das novas e restritivas medidas impostas nas fronteiras británicas. No aeroporto de Heathrow os pasaxeiros que querían entrar no país tiveron que agardar ata 90 minutos no control de pasaportes mentres a policía supervisaba os novos requirimentos. Entre eles, unha PCR negativa. Ademais, terán que cumprir esa corentena de dez días, ou cinco para os que accedan a pagar unha segunda proba privada.
Medidas que o Goberno británico estuda enducrecer aínda máis, como obrigar a que a corentena se faga nun hotel designado polas autoridades.
Entre tanto, os contaxios seguen sendo preocupantes. Nas últimas 24 horas rexistráronse 37.500 novos casos e 599 falecementos.
Máis sobre actualidade
03/03/2021 14:27
03/03/2021 14:09