CRTVG

Buscar

Os veteráns apelan á unidade equipo de Monteagudo

Publicado o 30/03/2019 14:11

O Lugo quere que todos se impliquen para lograr a permanecia.

Nada máis rematar o partido ante o Albacete, o Lugo comezou preparar o encontro co Alcorcón cunha mensaxe contundente do capitán Pita.

Carlos Pita. C.D. Lugo. "Temos que afrontar a realidade e o que esté disposto a afrontala que se sume á causa e o que non que se aparte, porque non necesitamos pesimismo, necesitamos realidade afrontar a situación como está e o que queira traballar será ben recibido e o que non que non moleste".

Minutos despois, Campillo, con máis de cen partidos no clube, tamén participaba desa mesma idea.

Campillo. C.D. Lugo. "Temos que mirar cada un o que estamos a facer, tentar apoiarnos entre nós e os que queran estar ata final da temporada dando todo polos clube, que estean e os que non, non"

O último en incorporarse a esta liña de actuación foi o adestrador Monteagudo, quen aproveitou para aclarar a mensaxe.

Alberto J. Monteagudo. Adestrador do C.D. Lugo. "É o segundo vestiario máis novo da categoría, e xa sabemos o que significa ser xoven, non ser consciente do que significa esto.O futbolista cedido, o que remata contrato e pensa en irse o ano que ven a outro sitio".

En resumo, todos a unha en Alcorcón.

Noticias web

30/03/2019