CRTVG

Buscar

Os veciños que viven arredor da igrexa de Bastavales están sen agua a metade do día

Publicado o 23/07/2020 13:46

Os veciños de Brión que viven nas inmediacións da igrexa de Bastavales din que non teñen auga nin pola mañá nin á noite. Aseguran que iso lles dificulta moito a vida diaria e mesmo alí hai un bar que a partir das nove da noite ten que pechar por non poder garantir as medidas básicas de hixiene.

Así está o bar de Pilar. Baleiro. Tan baleiro como estes últimos días a partir das nove da noite cando non lle chega pinga de auga á billa. Di que malia ter a terraza chea de clientes ten que botar o fecho. Non pode limpar nada nin mesmo ter os cuartos de baño abertos.

"Temos que cerrar a porta, porque a min vaime todo con esa auga. Para lavar a louza, para a cafeteira, para todos os sitios. Vaime para o cuarto de baño non teño gota de auga absolutamente, todos os días. Espina y Delfín puxo a auga, pero aquí pola mañá non a hai e ás nove da noite quedamos sen ela. Se imos ás leiras labrar, temos que vir antes das nove se non estás sucia todo o día. Á mañá estamos sen auga, á tarde estamos sen auga e nós necesitámola. Estamos pendentes desa auga, fainos falla. E din que teñen que poñer unha bomba que non sei que, no sei canto pero non dan posto, xa logo vai medio ano ou máis e estamos así.", din un veciño.

Aquí arriba non lles chega a presión, din que o problema pode ser polo abuso que se fai da traída.

"Solución de momento dixeron que si que ían poñer unha bombas de absorción que non momento de abrir a billa succiona a auga, pero parece que.... os recibo hai que seguir pagando ao día porque senón xa non che poñen nada.", asegura outro veciño.

"Dixéronnos que iso de momento que está aprobado e que cando celebren pleno que o poñen, por sorte que onte chamni e díxenlle 'este bar témolo que pechar porque estamos pagando un alugueiro e temos que pagar a auga. A min viñéronme 97 euros de auga e se eu non pago a min córtanma'. E dixeron que ían vixiar a ver se enchían moito as piscinas ou había moita rega", opina outro residente.

Din que xa lles prometeron melloras, que están aprobadas, que é cuestión de tempo. Pero aquí en Bastavales din que mentres non teñen auga o tempo pasa ben amodiño e piden que se lles solucione o problema xa.

Noticias web

23/07/2020