CRTVG

Buscar

Os veciños logran que marchen os 'okupas' dunha casa en Mondariz-Balneario

Publicado o 29/06/2020 13:30

A presión dos veciños puxo fin á ocupación dunha casa en Mondariz-Balneario. Unha parella cun fillo pequeno entraron nela forzando a porta coa intención de ocupala.

A casa está á venda e a propietaria vive en Vigo, así que grazas aos seus veciños a ocupación foi breve. Logo de presentaren unha denuncia ante a Garda Civil, dous días máis tarde a familia abandonou a vivenda e deixou os cans, que recolleron pouco despois.

Pero a preocupación quedoulles no corpo en San Pedro. A forza da veciñanza fixo que a tranquilidade volvera a este barrio de Mondariz-Balneario.

 

Noticias web

29/06/2020