CRTVG

Buscar

Os veciños do concello de Sada confían en poder recuperar o pazo de Meirás

Publicado o 06/07/2020 15:25

O xuízo pola propiedade do pazo de Meirás, declarado Ben de Interese Cultural no 2008, está a ter certo interese entre os veciños do concello de Sada: "Xa era hora de que se celebrara e se resolva...".

Hai quen agarda que agora este pazo pase a formar parte dos bens públicos: "Nós queremos recuperalo". "Podería utilizarse como museo...".

Pola contra, hai quen desconfía de que, en caso de recuperalo, se lle saque rendibilidade: "Se llo quitan á familia Franco, vai quedar aí como pasou, por exemplo, co cárcera da Coruña".

Agora, uns e outros, agardan con impaciencia a sentenza para coñecer cal será o futuro deste pazo señorial.

 

Noticias web

06/07/2020