CRTVG

Buscar

Os veciños do barrio de Sampaio, en Vigo, levan cinco décadas con problemas de auga

Publicado o 14/07/2020 14:09

Os veciños da parte alta do barrio de Sampaio, en Vigo, din que están totalmente desprotexidos. De sempre teñen problemas coa auga, e ninguén lles dá solución malia pagar os impostos e os recibos correspondentes ao servizo.

Dende a compañía subministradora ás veces dinlles que é problema da billa de paso ou que hai pouca presión, pero non o solucionan. E sobre todo a impotencia, porque ninguén asume responsabilidades.

Os veciños van reunir firmas para denunciar ante Consumo esta situación.


 

Noticias web

14/07/2020