CRTVG

Buscar

Os veciños denuncian inseguridade no barrio coruñés do Castrillón

Publicado o 09/09/2020 15:32

Este é un dos principais problemas aos que se enfrontan a diario os veciños do barrio do Castrillón. É unha vivenda ruinosa que dende hai un tempo está ocupada ilegalmente.

Non é o único caso que atopamos na zona. Segundo denuncian, as liortas e os gritos no interior son continuos, sobre todo a altas horas da madrugada, o que está a xerar certa inseguridade no barrio.

O presidente da asociación veciñal é dos poucos que se atreven a facer pública esta denuncia, porque son moitos os veciños que, por medo, prefiren non dar a cara.

E ademais dos okupas, o que a moitos tamén lles preocupa son os roubos cada vez máis frecuentes que se rexistran na zona.

O pasado mes de marzo, aquí levouse a cabo unha operación policial que permitiu rematar cun importante punto de venda de droga. Agora o que lles preocupa aos veciños son movementos que volven observar na zona, polo que instan ás autoridades a non baixar a garda.

Noticias web

09/09/2020