CRTVG

Buscar

Os veciños de Santa Cruz fabrican as súas propias luces de Nadal

Publicado o 25/11/2019 21:34

Levan tres meses traballando. Membros da comisión de festas axudados por veciños dan forma os adornos e luces que iluminarán o Nadal en Santa Cruz, no concello de Oleiros. Todo o traballo é artesanal.

Os deseños son de creación propia. A idea xurdiu no seo da comisión de festas, que en 2016 quixo agasallar os veciños cunha árbore de Nadal e que co paso do tempo foi medrando ata converterse nun auténtico acendido de Nadal.

As luces acederanse o día 1 de decembro e este ano como novidade alumearán ao ritmo da música creada por un deles.


 

Noticias web

25/11/2019