CRTVG

Buscar

Os veciños de Padriñán poñen o letreiro da súa aldea

Publicado o 03/10/2019 14:08

Padriñán é unha aldea de case vinte veciños na parroquia sarriá de Santa María de Vilar. Para acceder chégase pola estrada que comunica Lugo con Monforte e, malia o ben situado que está, ata que os veciños pintaron e colocaron este letreiro, era moi difícil chegar se un non tiña un localizador, xa que non había cartel ningún.

Ao misterio da desaparición do letreiro hai que engadir outros males. A pista está chea de fochancas. Os veciños di que son as piscinas de Padriñán. E faltan máis cousas.

Aurora e o seu home fixeron o letreiro. Despois colocárono entre todos. Esperan que sirva de algo.

Noticias web

03/10/2019