CRTVG

Buscar

Os veciños de Elviña esixen solucións contra a praga de ratas

Publicado o 27/09/2019 14:08

Preocupados, intranquilos e, sobre todo, con medo. Así din estar vivindo estes días os veciños do barrio coruñés de Elviña por mor da praga de ratas.

O caso que máis chama a atención é o de Lucía. Ela e a súa familia marcharon de vacacións e cando volveron atoparon a casa chea de ratas. Desfixéronlle todo e mesmo deron coa pasta de dentes. 

Lucía Sánchez, as ratas invadiron a súa casa: "Que entren nunha vivenda, nun segundo piso, xa me parece excesivo".

Pero Lucía non é a única que atopou os roedores na casa. O próximo mércores van manter unha xuntanza de propietarios para decidir que medidas tomar. Pola súa banda, desde o Concello din que xa están a traballar no problema para acabar coa praga de ratas.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/09/2019