CRTVG

Buscar

Os veciños de Ares alfombran con flores as rúas da vila

Publicado o 22/06/2019 20:45

En Ares a noite presúmese moi longa. A media tarde os veciños comezaron a alfombrar a vila cos tapices naturais que poñen a nota de cor na festividade do Corpus.
Levan meses de preparativos para cumprir coa tradición: debuxar con quince toneladas de flores e de verde os diferentes motivos das alfombras que cubrirán máis dun quilómetro das rúas da vila. Maiores e nenos traballan man a man para que Ares poida lucir mañá os seus tradicionais mantos florais. A celebración está declarada de interese turístico galego.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/06/2019