CRTVG

Buscar

Os veciños aproveitan as prazas baleiras do transporte escolar

Publicado o 12/09/2019 16:52

Para subir ao bus do colexio xa non fai falta ser alumno nin levar mochila de cores. Calquera veciño pode aproveitar a viaxe se hai sitios libres e paga algo máis dun euro polo servizo. Unha medida pensada para optimizar o transporte, sobre todo nas zonas máis despoboadas.

Un coidador vela pola seguridade dos rapaces do principio ao final da ruta. Era a principal esixencia das ANPA galegas que, malia destacar a boa marcha do servizo, piden que as familias estean atentas e os informen para tentar melloralo.

A Xunta prevé estender este modelo a 700 liñas no curso que vén, de xeito que a metade dos escolares galegos con transporte viaxen en autobuses compartidos.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2019