CRTVG

Buscar

Os Vacaxogos regalan unha bici cada día e fomentan hábitos saudables

Publicado o 22/05/2020 14:13

Á falta de olimpíadas oficiais, os animais toman a remuda cos Vacaxogos.

Jessica Rey, directora de Comunicación e Márketing da Casa Grande de Xanceda: "Imos demostrar como as nosas vacas son deportistas de elite e xogan a xogos moi de vacas".

Unha campaña coa que, segundo din, pretenden promover o deporte e a alimentación saudable, sen perder o sentido do humor.

"Queremos fomentar hábitos saudables e por iso facemos un sorteo diario dunha bicicleta", explica Jessica Rey

Competicións divertidas e curiosas en que as vacas son as protagonistas, e que durante varias semanas se poderán seguir a través das redes sociais da empresa láctea galega.

Noticias web

22/05/2020