CRTVG

Buscar

Os usuarios comezan a reclamar a devolución dos gastos hipotecarios

Publicado o 17/07/2020 14:59

Desde que se coñeceu a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, os consumidores xa comezaron a reclamar, pero aínda hai moitas dúbidas.

Facemos o cálculo dos gastos que se poderían reclamar nunha hipoteca media. Por exemplo, nunha hipoteca de 100.000 euros, a cantidade a devolver sumarían 2.000.

Os afectados teñen que reclamar na propia entidade ou nas asociacións de consumidores presentando a hipoteca e as facturas. O ditame europeo non contempla a devolución do imposto de trasmisións patrimoniais e déixaa en mans dos tribunais españois.

Nos próximos días espérase unha avalancha de reclamacións.

8 millóns de usuarios en España poderían beneficiarse desta decisión.

Noticias web

17/07/2020