CRTVG

Buscar

Os turistas buscan vivendas preto da praia e con terraza

Publicado o 18/05/2020 21:29

Galicia é o segundo destino preferido polos españois para pasar o verán, só por detrás de Andalucía. Son datos do estudo dun portal de reservas.

Malia que o turismo rural con zonas menos masificadas sobe, a costa segue a ser a opción máis elixida. Nas Rías Baixas nótase un cambio nos requisitos para os aloxamentos estivais: agora a busca inclúe xardíns e terrazas.

A maior parte das reservas para esta zona costeira fanse dende Galicia, pero tamén hai xa moitas consultas dende outras comunidades, aínda que con incertezas.

Polo momento, as reservas concéntranse na tempada estival, e poucas hai máis alá de setembro.

Noticias web

18/05/2020