CRTVG

Buscar

Os transportistas do carbón lideran a caravana de protesta cara á Coruña

Publicado o 01/10/2019 15:11

Os camións aparcados fronte ao concello das Pontes dan conta dos cinco meses de inactividade dun sector que agrupa 150 transportistas que levan cinco meses sen traballar. Eles encabezarán esta tarde a mobilización, á que se van sumar traballadores de Endesa, industrias auxiliares e veciños das Pontes que claman pola continuidade da central.

Manuel Bouza, voceiro dos transportistas do carbón: "Imos intentar chegar á Coruña con camións, turismos e outro tipo de vehículos e intentar que a xente saiba que hai un problema moi grave nas Pontes".

Son conscientes das dificultades de seguir mantendo o carbón como materia prima, pero reclaman o compromiso do Goberno central e de Endesa para buscar alternativas que lles permitan continuar coa actividade industrial.

Manuel Bouza, voceiro dos transportistas do carbón: "Imos seguir pelexando porque esa central non peche sexa con biomasa ou co que sexa pero que non peche. Temos que pelexar isto a morte porque se non esta zona, estas comarcas e Galicia vai quedar sen unha das súas empresas máis importantes".

Todos teñen a vista posta na xuntanza prevista mañá en Madrid coa ministra de transición ecolóxica da que agardan unha solución para garantir os milleiros de postos de traballo que están en xogo.

Noticias web

01/10/2019