CRTVG

Buscar

Os transportistas das Pontes fan o Camiño para pedir "unha transición xusta"

Publicado o 18/01/2020 14:50

Os empregados e os traballadores das auxiliares das Pontes non son optimistas. Agardan que as probas dos vindeiros meses ofrezan resultados que permitan manter postos de traballo, tanto na térmica como nas auxiliares. Esperan que algún grupo da central das Pontes poida funcionar con biomasa e iso facilite a reconversión parcial da planta. 

Levan preto de nove meses sen ingresos e facendo fronte a uns gastos mensuais que roldan os seis mil euros por camión. Os transportistas do carbón dende o porto exteiror de Ferrol á central térmica das Pontes din que a situación é insostible.

As letras seguen correndo, hai que pagar" "case nove meses parado de todo, financeiras, nóminas, seguridade dun social" "un empregado nese camión que loxicamente ten que seguir cobrando o seu soldo"

Debido á esixencia de vehículos menos contaminantes, renovaran as súas frotas recentemente, agora están sen traballo. "Metérasenos xubilarnos nisto, senón iso pois ir afrontando o que se nos vén encima e poder pagar"

Representan as 150 empresas do transporte do carbón. Baixo o lema "por unha transición enerxética xusta "afrontan a última etapa do Camiño para esixirlle solucións ao peche da central.


Manuel Bouza, presidente da Asociación do Transporte do Carbón: "O Goberno central, a empresa e a propia Xunta teñen moito que dicir agora mesmo. A Xunta sobre todo polo tema dos lodos" "Sabemos e cremos que os lodos pode ser o fúturo dos transportistas e da central térmica das Pontes"

Carlos Cumplido. secretario xeral de Fegatramer: "Calquera fórmula vai ser ben recibida pero o que non é de recibo é que se paralice a actividade de golpe, temos un período transitorio, outros países europeos están utilizando este período transitorio. Galicia non se pode permitir este luxo e España desde logo que tampouco"

Teñen previsito intensificar as protestas nas vindeiras vindeiras semanas e aserguran que non cesarán na súa loita, convencidos de que a central de Endesa e os seus postos de traballo teñen futuro sen carbón.

Noticias web

18/01/2020

Máis sobre As Pontes de García Rodríguez