CRTVG

Buscar

Os tractores axudan a desinfectar

Publicado o 19/03/2020 21:03

Con tractores desinfectanse vilas enteiras en moitos lugares de España coma quen fumiga o campo. Isto é en Mérida, pero outro tanto pode verse por varias provincias andaluzas e manchegas, polo Val do Ebro, pola Rioxa...

Entre os primeiros en cargar as máquinas con clorito de sodio, os de ASAJA en Córdoba e Xaén. Bailén, Cazorla, Los Villares, Jenave...

As propias organizacións agrarais non saben dicir cantos labregos puxeron os seus vehículos a disposición, pero aseguran que son miles e que rebordaron todas as previsións.



 

Noticias web

19/03/2020