CRTVG

Buscar

Os traballadores reclámanlle ao Goberno que retome o estatuto electrointensivo

Publicado o 30/05/2020 15:55

 

Levan dous días con mobilizacións, atendendo os medios de comunicación e recibindo o apoio de todos os sectores porque o peche da factoría de aluminio afecta a todos, a toda A Mariña e a toda a provincia.  

O desmantelamento da planta de produción de aluminio é difícil de afrontar. É o motor industrial da comarca. Supón arredor dun terzo do produto interior bruto da provincia. Os traballadores entenden que a factoría é viable e que mantela é cuestión de vontade. Avogan pola intervención ata que se negocie a tarifa eléctrica. 

A empresa xustifica o peche polo custo elevado da enerxía e a escasa demanda do aluminio. Pero o certo é que supón a perda de case un milleiro de postos de traballo, entre directos e indirectos, unha situación que é difícil de asimilar.  Presente en Cervo desde 1979, a fábrica forma xa parte da paisaxe urbana desta poboación da Mariña. 

 

 

 

Noticias web

30/05/2020