CRTVG

Buscar

Os traballadores dos PAC seguirán en folga tras rexeitar a última proposta do Sergas

Publicado o 08/05/2019 18:31
Os traballadores dos PAC seguirán en folga tras rexeitar a última proposta do Sergas

Os traballadores dos Puntos de Atención Continuada (PAC) de Galicia rexeitaron este mércores nunha votación a última proposta do Sergas tras 17 meses desde o inicio do conflito no marco do que manteñen unha folga indefinida desde xaneiro deste ano. En declaracións a Europa Press, Ana Boedo do comité de folga destacou que votaron 355 compañeiros dos PAC en Galicia, o que supón un "33 por cento de participación".

Sobre a primeira opción que unicamente preguntaba se se aceptaba o borrador do Sergas, emitíronse 268 votos en contra e 78 a favor. Mentres, na opción b, sobre se se aceptaba a última oferta sen o punto catro relativo ao cómputo da xornada, rexistráronse 147 votos a favor e 175 en contra.

"O que se entende é que non se nos está escoitando", manifestou Boedo, quen trasladou que o comité de folga pedirá unha reunión coa Consellería de Sanidade e a figura dun "interlocutor ou mediador" entre Administración sanitaria e traballadores. "Alguén que poida entender por que perdemos aí os nosos dereitos", indicou. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/05/2019