CRTVG

Buscar

Os traballadores dos PAC de Galicia rexeitan a última proposta do Sergas e continúan en folga

Publicado o 09/05/2019 09:34

Os traballadores dos Puntos de Atención Continuada de Galicia rexeitaron a última proposta de mellora do Sergas, e seguirán en folga.

Despois de 17 meses de conflito e de secundar un paro indefinido desde xaneiro pasado, acudiron ás urnas. Votou o trinta e tres por cento do persoal que ten contrato co Sergas. Houbo 268 votos en contra. A favor de aceptar a proposta votaron 78 traballadores. Con este resultado, o comité de folga pide reabrir as negociacións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/05/2019