CRTVG

Buscar

Os traballadores de Poligal saen á rúa en defensa dos seus empregos

Publicado o 21/06/2019 21:11

Os traballadores da empresa Poligal manifestáronse esta tarde en defensa dos seus empregos, e para pedirlle á cidadanía que se sume á súa protesta para evitar o peche doutra industria na comarca de Ferrol. Os 130 empregados desta fábrica de filme de Narón acaban de ser despedidos. Din que descoñecen cal vai ser o futuro da empresa, nin saben nada das xestións que o alcalde de Ferrol se comprometeu a facer ante o Ministerio de Industria.


 

Noticias web

21/06/2019