CRTVG

Buscar

Os traballadores de Navantia esixen ante a Delegación do Goberno a construción dun buque loxístico

Publicado o 23/05/2019 20:20

Os traballadores de Navantia e da industria auxiliar do naval da ría de Ferrol mobilizáronse esta mañá diante da delegación do Goberno para reclamar carga de traballo para os estaleiros. Piden que se autorice a construción dun buque loxístico para evitar a perda duns tres mil empregos da industria auxiliar en dous anos. 

Representantes dos comités de empresa dos estaleiros de Ferrol e Fene e delegados da industria auxiliar concentráronse diante da delegación do Goberno en demanda de carga de traballo. Os traballadores reuníronse con Javier Losada para trasladarlle ao Goberno central a necesidade de autorizar a construción dun novo buque loxístico.

Javier Galán, presidente do comité de empresa de Navantia Ferrol: "É certo que imos ter a contratación de cinco para España pero desde o 2020 ao 2022 quedamos sen carga de traballo ningunha. Iso vai supoñer un goteo constante de compañeiros da industria auxiliar e non queremos consentir que esteamos en situación de subactividade durante dous anos".

Nestes momentos, algunhas seccións do estaleiro de Ferrol, como é o caso do corte de chapa, están xa en situación de subactividade.

Noticias web

23/05/2019