CRTVG

Buscar

Os traballadores de Alcoa intensifican as protestas para defender o emprego na fábrica de San Cibrao

Publicado o 26/09/2020 09:35

A menos de 48 horas para que remate o prazo de negociación da venda de Alcoa, os traballadores intensifican as protestas. Este sábado concentraranse en Xove e Viveiro. Onte cortaron o tráfico e encadeáronse en Cervo para reclamar unha solución pra o futuro da fábrica da Mariña. Foi despois de decidir en asemblea, e por unanimidade, non ceder ante a presión da multinacional estadounidense.

Din que van loitar ata o final para defender o emprego e a produción de aluminio primario na fábrica de San Cibrao. As negociacións están estancadas. A multinacional norteamericana xa dixo hai uns días que a venda antes do luns non lles parece "realista". A Xunta cre que aínda é posible que nas próximas horas se peche o acordo entre Alcoa e Liberty House.

Noticias web

26/09/2020