CRTVG

Buscar

Os traballadores de Alcoa inician un peche na Delegación do Goberno por non estaren invitados á xuntanza de Industria

Publicado o 18/06/2019 20:42

Os comités de empresa da Coruña e de Avilés desconfían deste preacordo, e din que non están dispostos a aprobalo se o Goberno lles dá garantías de futuro máis alá dos dous anos aos que se compromete a empresa suíza. Un grupo de traballadores da planta coruñesa leva todo o día pechado na sede da Delegación do Goberno.

Uns permanecen pechados dentro, e a esta hora outro grupo de traballadores protesta tamén fóra, ás portas da Delegación do Goberno. Piden que a ministra de Industria os reciba e os informe detalladamante das condicións dese preacordo polo que Alcoa lle vende a fábrica da Grela a Parter Capital. E sobre todo, esixen que o Goberno se faga responsable da operación e que garanta as condicións necesarias para que a fábrica teña futuro a longo prazo.

Por iso cren que non son eles os que teñen que darlle o visto e prace á operación, como lles esixen, senón que é o Goberno o que ten que avalar a venda.

Os trabadores, co presidente do comité de empresa á cabeza, permanecen pechados na Delegación do Goberno, e non teñen intención de abandonar a protesta.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2019