CRTVG

Buscar

Os traballadores das bibliotecas da Coruña anuncian un paro a partir do día 20

Publicado o 10/05/2019 18:49

O persoal das bibliotecas municipais da Coruña mantén a convocatoria de folga a partir do día 20 deste mes.
Os traballadores, que denunciaron esta semana o impago da última nómina, aseguran que se atopan nunha situación precaria e de vulnerabilidade desde que hai tres meses rematara a concesión do servizo. Desde o concello, o Goberno local anunciou nas últimas horas o pagamento as nóminas pendentes e asegurou que se está a traballar nun contrato de urxencia para clarificar a situación do persoal tras a paralización da municipalización das bibliotecas.

 

Noticias web

10/05/2019