CRTVG

Buscar

Os tests a través do recto empezan a facerse en Galicia nos casos máis graves

Publicado o 27/01/2021 22:44
Os tests a través do recto empezan a facerse en Galicia nos casos máis graves

Xa se están facendo en Galicia probas anais para detectar a covid. Aquí de momento só se está a empregar este sistema no caso dos pacientes máis graves, aqueles aos que non se lle pode extraer unha mostra a través das fosas nasais. En realidade, trátase dunha PCR normal, só que fai a través do recto.

Na China empezou a estenderse unha proba específica para o ano con bos resultados. Os tests anais son menos invasivos que as probas nasais ou a través da gorxa. E parece que tamén son máis efectivos, debido a que as trazas do coronavirus permanecen máis tempo no tracto rectal ca nas vías respiratorias. Os tests chineses aínda non recibiron o visto e prace das autoridades europeas.

Noticias web

27/01/2021