Os temporais pasan factura nos mercados
Publicado o 18/02/2020 14:22
Con menos cantidades, pero con moi boa calidade. Así están estes postos do mercado coruñés da Praza de Lugo, segundo as súas vendedoras, por mor dos continuos temporais no mar.
Pero ao haber menos, os prezos soben. A robaliza e as meigas son as que protagonizan esta escalada.
Mes idóneo, di, para mercar peixe. Pero tamén marisco, que malia que houbo pouco, mantén o prezo que adoita ter nestas datas próximas o Entroido.
Agardan que despois do Entroido, as condicións meteoróloxicas no mar comecen a ser boas para recuperar a total actividade neste mercado.
Máis sobre actualidade
25/01/2021 08:23