CRTVG

Buscar

Os técnicos ultiman a sinalización da autovía do Morrazo tres días antes da súa inauguración

Publicado o 18/06/2019 16:14

Tres días antes da súa inauguración, este último tramo da nova autovía do Morrazo, que vai de Meira a Cangas, prepárase para a súa apertura ao tráfico. Estas obras de ampliación, que comezaron en xaneiro de 2016, materialízanse nun vial de catro carrís que pretende mellorar a súa seguridade.

Pero amais de evitar accidentes, o que tamén se busca é evitar os atascos que xera a época estival. Se nun día normal por este vial pasan unha media de 15.000 vehículos, en verán esta cifra triplícase.

Os dous primeiros tramos desta autovía entre Domaio e Meira xa entraron en funcionamento o pasado 11 de maio. Este último, ata Cangas do Morrazo, completará esta primeira fase das obras deste antigo corredor.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2019