CRTVG

Buscar

Os taxis e VTC recuperan o 100 % de ocupación e poderán levar non conviventes

Publicado o 16/02/2021 16:47

100 %

Os taxis e vehículos de transporte con condutor (VTC) poderán prestar servizos de transporte para escolares, persoal sanitario e outros traballadores non conviventes.

A orde publicada no Diario Oficial de Galicia establece que poderán desprazarse tantas persoas como prazas teñan estes vehículos, mesmo a do copiloto. Procurarase, iso si, que manteñan a máxima separación posible e, por suposto, será obrigatorio o uso da máscara.

Noticias web

16/02/2021