CRTVG

Buscar

Os socorristas de Sanxenxo protestan porque queren cobrar tamén os días que chova

Publicado o 29/08/2020 15:05

Os socorristas de Sanxenxo protestaron esta mañá ás portas da casa do concello pola pretensión municipal de convocalos só os días de sol e só pagarlles eses días, cando teñen que estar dispoñibles todo o verán e agardar cada mañá para ver se chove ou non para ir ao traballo. Malia o anuncio do Concello de que finalmente si lles pagarán todos os días, os setenta traballadores queren unha xuntanza no concello e unha decisión en firme porque non se fían. Volverán concentrarse o luns

Noticias web

29/08/2020