CRTVG

Buscar

Os socios de Goberno defenden a suba de impostos

Publicado o 03/07/2020 14:36

Os socios de coalición coinciden na necesidade de impulsar unha reforma fiscal. É un excelente punto de partida, di Pablo Iglesias. O imposto ás grandes fortunas é a primeira pedra no camiño. O vicepresidente recoñece que "aínda non convencin a Pedro", pero non renuncia a convencelo.

Esta reforma suporía a creación de novos impostos e a suba doutros xa existentes, como o da renda.

Pablo Iglesias ve incompatibles as propostas económicas do Goberno coas de Ciudadanos, cre que o único acordo posible para sacar adiante os orzamentos é que o permitiu a investidura. E iso inclúe a Esquerra.

Iglesias tamén se referiu ao Caso Dima, a investigación polo roubo do móbil dunha ex-asesora súa. Desbota que poida ser imputado, e dimitir por iso.

O vicepresidente di que se está utilizando este asunto para debilitar o Goberno e que conta co apoio do presidente Sänchez. 

 

Noticias web

03/07/2020