CRTVG

Buscar

Os socios de coalición piden unha comisión de investigación sobre o PP

Publicado o 09/09/2020 15:36

No Congreso, os socios do goberno de coalición, o Partido Socialista e Unidas Podemos, piden a creación dunha comisión de investigación sobre o Partido Popular. Queren unha comisión parlamentaria sobre a operación Kitchen, sobre a presunta trama de antigos responsables do goberno de Rajoy para roubarlle información ao ex-tesoureiro Luis Bárcenas. Onte mesmo, porén, o Partido Socialista e Unidas Podemos rexeitaban a creación dunha comisión de investigación sobre o presunto financiamento irregular de Podemos; partido imputado por esta causa nun xulgado de Madrid.


 

Noticias web

09/09/2020