CRTVG

Buscar

Os socialistas non aclaran cando retomarán as conversas con Podemos

Publicado o 28/08/2019 16:24

Pedro Sánchez espreme os prazos para formar goberno e mantén conxeladas as negociacións co resto de partidos. O socialista recorda que el deixou de ser o candidato á investidura tras fracasar en xullo e traslada a responsabilidade ás outras formacións.

Este é o quinto encontro da semana que Sánchez mantén con representantes da sociedade civil, e continuarán esta tarde. O próximo luns presentará as conclusións á dirección do PSOE, pero co resto de partidos aínda non hai ningunha reunión pechada. A vicepresidenta en funcións mesmo deixaba no aire a rolda de contactos que estaba prevista a partir da semana que vén.

Dende Unidas Podemos critican a estratexia do socialista. Yolanda Díaz tamén negou que haxa sectores dentro de Unidas Podemos pedíndolle a Iglesias que acepte a proposta de coalición que o PSOE lle fixo en xullo.

Noticias web

28/08/2019