CRTVG

Buscar

Os socialistas insisten en que o voto útil da esquerda é o do PSOE

Publicado o 02/11/2019 21:35

Os socialistas galegos intensifican a campaña para convencer os votantes progresistas da importancia de concentrar as papeletas do 10-N no seu partido. O voto útil da esquerda, aseguran, é o do PSOE. O ex-ministro Ángel Gabilondo pasou a xornada en Galicia, acompañando a Gonzalo Caballero.
E, nun acto en Valencia, o líder nacional destacou o 'brexit' e a crise económica que se aveciña como algún dos retos, dixo, aos que se vai enfrontar o novo goberno. Sánchez volveu preguntarlle a Iglesias se vai bloquear outra vez un posible goberno progresista.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/11/2019