CRTVG

Buscar

Os sindicatos cifran nun 60% o seguimento da folga de médicos en Galicia e a Xunta rebaixa a un 5,5% a participación pola mañá

Publicado o 27/10/2020 20:54
Os sindicatos cifran nun  60% o seguimento da folga de médicos en Galicia e a Xunta rebaixa a un 5,5% a participación pola mañá

Os sindicatos afirman que ata o 60% dos médicos galegos secundaron a folga indefinida convocada hoxe, unha porcentaxe que a Xunta rebaixa ata o 5,5% na quenda da mañá.

O Goberno galego tamén destaca o cumprimento ao 100 % dos servizos mínimos.

É a primeira folga en 25 anos deste sector. Esixen unha mellora das condicións laborais e que se retire o decreto que permite contratar profesionais sen especialidade.

En Galicia non houbo manifestacións, mentres que en Madrid centos de médicos protestaron diante do Congreso dos Deputados.

Noticias web

27/10/2020