CRTVG

Buscar

Os servizos esenciais poderán abrir ata as 21.30 h, mentres que o comercio non esencial deberá pechar ás 18 h

Publicado o 25/01/2021 21:26

Os centros comerciais deberán permanecer pechados durante as fins de semana

Os servizos esenciais poderán seguir abrindo ata as nove e media da noite, media hora antes do toque de recollida. Inclúense aquí os servizos sanitarios, os talleres e a alimentación.

O comercio non esencial deberá adiantar o seu peche ás seis da tarde. A limitación de horario colle a boa parte do sector en plena época de rebaixas

Tamén Manuel terá que botar a fechadura da súa pastalería tres horas antes do que o está a facer agora.

Segundo o anuncio da Xunta, os establecementos de peitado están incluídos na listaxe de negocios con horario limitado ás seis da tarde.

Os comerciantes entenden que o prioritario agora é a saúde, pero tamen piden axudas para paliar os efectos das novas restricións.

O centros comerciais, amais de adiantar a hora de peche, terán que pechar durante as fin de semana. A falta de coñecer con detalle o que publique o DOG, as novas restricións prolongaranse polo menos 3 semanas.

Noticias web

25/01/2021

Máis sobre actualidade