CRTVG

Buscar

O Concello da Coruña denuncia o Fuenlabrada ante a Fiscalía

Publicado o 23/07/2020 14:17

Gran expectación mediática ás portas do hotel Finisterre, onde permanece o equipo do Fuenlabrada. Os seis xogadores que deron positivo continúan illados nos seus cuartos e terán que gardar aquí a corentena. Os outros, que deron negativo, están pendentes de volver, malia que polo momento non se sabe como nin cando.

Tamén deron negativo as catro persoas analizadas na Coruña que tiveran contacto co equipo madrileño. Trátase de tres condutores de autobuses e un afeccionado que xa estaban illados.

Entrementres, na cidade segue medrando a indignación. Desde a Cámara de Comercio xa están a recoller informacións de distintos sectores empresariais que se están a ver afectados, tanto no ámbito do comercio, do servicio, da hostalaría e tamén do turismo.

"Os nosos servizos xurídicos estudarán todos eses informes para facer as reclamacións oportunas", di Antonio Couceiro, o presidente da Cámara de Comercio da Coruña.

Malia que os primeiros días desta semana A Coruña se encheu de cancelacións, os hoteleiros agardan en poder recuperar o seu ritmo anterior á viaxe do Fuenlabrada.

Este mediodía o Concello da Coruña xa presentou un informe perante a Fiscalía. Pide que se investigue a viaxe do equipo madrileño e, no caso de habelas, que se depuren responsablidades.

 

Noticias web

23/07/2020