CRTVG

Buscar

Os sanitarios falecidos pola covid-19 foron homenaxeados polo Colexio de Médicos madrileño

Publicado o 28/11/2020 20:51

O Colexio de Médicos de Madrid homenaxeou esta noite os sanitarios falecidos pola covid-19 cunha misa na catedral da Almudena.
Durante o acto leuse o nome dos profesionais da sanidade que perderon a vida por mor da pandemia e familiares deles participaron activamente na liturxia. No acto estiveron, entre outras autoridades, a presidenta da comunidade madrileña e o alcalde da capital.
O número de sanitarios contaxiados en España pola covid-19 ascende a 86.000, segundo datos actualizados antonte, e o de falecidos sitúase en 63. Esta cifra de mortos non foi actualizada desde o 5 de xuño.


 

Noticias web

28/11/2020