CRTVG

Buscar

Os sanitarios de Povisa sorprenden un doente felicitándoo polo seu 74 aniversario

Publicado o 03/04/2020 20:49

Os sanitarios seguen a ofrecer cada día o mellor deles. Un claro exemplo diso é o que fixeron dous deles no hospital Povisa de Vigo cun paciente ingresado por coronavirus. A José Luis tocoulle celebrar o seu 74 anivesario no hospital e non dubidaron en darlle unha sorpresa e apareceron no seu cuarto cunha torta, unha candea e mesmo lle cantaron unha canción. Moi contento e emocionado, José Luis agradeceu o detalle que tiveron con el.

Noticias web

03/04/2020